lunes, 1 de junio de 2009




FACTORES DE RISCO LABORAL






Factores derivados das condicions de seguridade. Son os factores de risco que poden ocasionar un accidente laboral se non se toman as medidas de seguridade oportunas ou se estas non se cumpren. Poden ser:

-Factores estructurais:Son os espazos de traballo onde o traballador desenvolve a súa tarefa aunque tamen hai que ter en conta as zonas de acceso, as de tránsito ou as de servicios. Alguns exemplos de factores de risco estructurais son o chan, as escaleiras, as ramplas, os corredores, as instalacions electricas,as instalacions de gases.

-Factores de manexo de equipos: son os equipos como as ferramentas, maquinas, vehiculos de transporte que poden producir accidentes e por iso debe tomarse especial precaución no seu manexo.

Factores derivados das condicions ambientais. O perigo dos elementos que poden ser prexudiciais par a nosa saúde aumenta canto maior é o contacto ou exposición a eles. Estes elementos poden clasificarse en :

-Axentes físicos: iluminación, temperatura, ruido, vibración, radiación, humidade....

-Axentes químicos: cancerígenos, mutaxenicos, teratoxenicos,anestesicos, pneumoconióticos, sistémicos,irritantes, sensibilizantes, corrosivos, asfixiante.

-Axentes biolóxicos: bacterias e protozos, virus, fungos, vermes parásitos.

Factores derivados da carga e da organización do traballo. A carga e a organización do traballo tamen son factores de risco laboral.

-A carga de traballo: carga fisica e carga mental (esto trae consigo a fatiga).

A carga física leva o traballador a un estado de fatiga física, con sintomas como: dores musculares, lesións de costas, contracturas musculares, trastornos gastrointestinales, trastornos vasculares.
A carga mental manifestase en síntomas que diminúen a atención e o rendemento laboral, como: dores de cabeza, irritabilidade, insomnio, depresión, mareos.
-A organización do traballo. A propia organización empresarial pode ser orixe de accidentes ou enfermidades laborais. A xornada de traballo, quendas, tipo de tarefa, ritmo de traballo, estilo de dirección son factores que, combinados coas características psicoloxicas dos individuos, producen alteracións nos traballadores. Todo esto acaba producindo insatisfacción laboral e estrés.

Factores de riscos laborais que se observa na imaxen:




-Un cubo con auga tirada no chan
-Ferramentas tiradas polo chan
-Un señor fumando no posto de traballo cando esta prohibido
-Un señor que leva a escada e non a leva correctamente xa que debería ser trasportada entre duas persoas xa que e bastante longa.
-O cartel de prohibido fumar esta tapado con unha chaqueta
-Un señor manexando unha ferramenta que produce bastante ruido e esta sen cascos
-Traballadores que estan enriba dun andamio sen ningún tipo de protección
-Señor subido enriba da carga que esta transportando o seu compañeiro nunha carretilla
-Unha escaleira sen baranda
-Tubos transportados con unha cadea sen estar vixilado por nadie
-Uso de productos tóxicos sen luvas
-Non hai extintor
-Ningun traballador leva casco
-Non hai botiquin de primeiros auxilios
-Manexo incorrecto da carretilla
Factores derivados das condicions ambientais
-Uso de productos toxicos se protección
-Mala ventilación do local












Prevencion de riscos laborais

PREVENCION DE RISCOS LABORAIS

Seguridade no traballo: Conxunto de técnicas e procedimientos adptados en todas as fases do proceso productivo que teñen por obxecto evitar ou diminuir os riscos laborais.

Hixiene no traballo : É o estudo preventivo que ten por obxectivo identificar os factores de risco ( axentes contaminantes), medilos e valoralos co fin de eliminalos ou diminuir a súa presenza.

O desenvolvemento da actividade laboral ten, por tanto consecuencias sobre a saúde. Estas consecuencias poden ser negativas producindose desaxustes físicos ou psíquicos que pode aumentar a posibilidade de adquirir enfermidades como fatiga física, fatiga mental, estrés, insatisfacción laboral…
Tamén pode ter consecuencias positivas producindo benestar físico, psíquico e social, que en moitas ocasións de consegue desenvolvendo un traballo.
Por todo iso a saúde laboral consiste en buscar as vías de actuación que permitan promover e manter un bo grao de benestar físico, mental e social dos traballadores no seu lugar de traballo.
Este exercicio trata principalmente dos riscos laborais , dos direitos e obrigas dos empresarios e dos traballadores, o concepto de saúde, danos derivados do traballo,accidente laboral e enfermidade profesional, as condicions de traballo e factores de risco que poden xerar risco para a saúde e avaliación das condicións de traballo.